Área de Normalización Lingüística

20 Xaneiro 2016

Cursos de formación en lingua galega para o 2.º cuadrimestre (2015/2016)

Arquivado en: Novas — anl @ 2:26 pm

Resolución reitoral pola que se convocan cursos de formación en lingua galega ao abeiro do Convenio de colaboración en materia de normalización lingüística, que asinan anualmente a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Vigo.

 

29 Outubro 2015

Edición dos Premios 2015 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo

Arquivado en: Novas — anl @ 9:20 am

 

21 Outubro 2015

Convocatoria de axudas á investigación en lingua galega 2015: publicación da resolución e da listaxe de persoas beneficiarias

Arquivado en: Novas — anl @ 1:19 pm

Resolución reitoral do 19 de outubro de 2015 pola que se acorda o pagamento de axudas á investigación en lingua galega. Anexo I coa relación de persoas beneficiarias.

23 Setembro 2015

Dicionario de sinónimos do galego

Pódese descargar para uso en teléfonos móbiles e tabletas, así como para consultar no web, o dicionario de sinónimos de Xavier Gómez Guinovart, Xosé María Gómez Clemente e Alberto Simoes. Este traballo editouse grazas ao convenio de colaboración en materia de normalización lingüística que asinan anualmente a Universidade de Vigo e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Nova no DUVI 

                                

 

 

 

 

14 Xullo 2015

Regulamento do uso da lingua galega na Universidade de Vigo

Regulamento do uso da lingua galega na Universidade de Vigo aprobado no Consello de Goberno o 2 de marzo de 2015:

 

 

29 Xuño 2015

Cursos de formación en lingua galega para o 1.º cuadrimestre (2015/2016)

Arquivado en: Novas — anl @ 11:28 am

Convócanse cursos de formación en lingua galega ao abeiro do Convenio de colaboración en materia de normalización lingüística, que asinan anualmente a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Vigo.

 

 

 

25 Maio 2015

Entrega dos Premios de poesía, relato curto e tradución literaria 2015

Arquivado en: Novas — anl @ 8:58 am

A Casa das Campás acolleu a entrega dos Premios de poesía, relato curto e tradución literaria 2015

O acto serviu tamén para homenaxear a Filgueira Valverde e conmemorar o Día das Telecomunicacións

http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=9968&Itemid=38 

 

 

 

 

8 Maio 2015

Resolución dos Premios de poesía, relato curto e tradución literaria da Universidade de Vigo 2015

Arquivado en: Novas — anl @ 8:13 am

Relación de persoas premiadas por categoría:

Poesía   

 

1.º Premio: Anxo Mena Rodríguez, polo poemario 15C 

  

1.º Accésit: María López Correa, polo poemario Redes persoais

  

2.ª Accésit: Lara Domínguez Araújo, polo poemario  Muda en sete tempos 

  

Así mesmo decidiuse recomendar a publicación do poemario de Eva González Blanco, Matemáticas

 Relato curto  

1º Premio: Xurxo Martínez González, polo relato Fragmentos    

 

1º Accésit: María López Correa, polo relato Dar ao vento a súa bandeira   

2ª Accésit: María Alonso Alonso, polo relato Desaceleración transitoria 

 

Tradución literaria  

 

1º Premio: Marta Santamaría Domínguez, pola tradución dun texto de Paul-Jean Toulet 

 

1º Accésit: Moncho Iglesias Míguez, pola tradución dun texto de Dena Afrasiabi 

 

2º Accésit: deserto

21 Abril 2015

Para celebrar mellor as Letras Galegas, desde a CTNL propónsenos… Que se vexa! o galego

Arquivado en: Novas — anl @ 8:08 am

Queremos unha lingua viva, útil, moderna, atractiva, visible. Queremos un idioma para tod@s. E queremos que se vexa! E a celebración das Letras Galegas debe servir para contribuír a visibilizar a lingua en todos os ámbitos e a dar unha imaxe máis moderna e atractiva do noso idioma. 

Proposta da CTNL para todos os actos das Letras Galegas: QUE SE VEXA! O GALEGO 

 

13 Abril 2015

Resolución definitiva das bolsas de colaboración coa ANL

Arquivado en: Novas, Boletín ANL, Bolsas, Formación — anl @ 8:24 am

Resolución reitoral do 7 abril de 2015 pola que se adxudican definitivamente dúas bolsas de colaboración coa Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.

Páxina seguinte »

Xestionado con WordPress

FireStats